@g24noticias: 🚔 OURENSE Inquedanza nos barrios da Ponte e do Vinteún polos continuos roubos en coches e a falta de vixilancia policial Toda a información, en G24.gal e G24play.gal #Galicia #galego #TVG #G24 #G24gal Segue aumentando a preocupación e a sensación de inseguridade entre a veciñanza dos barrios ourensáns da Ponte e o Vinteún por mor dos continuos roubos e pequenos furtos. Ademais dos roubos nos comercios, estas últimas semanas os ladróns están atacando os coches aparcados na rúa. Hai varias denuncias pola rotura dos cristais das ventás. E a xente pide máis vixilancia policial polas rúas. Para romper as ventás dos vehículos adoitan empregar as tapas dos sumidoiros, que despois deixan arrincadas. Esta furgoneta foi unha das últimas que violentaron. Hai bastante inquedanza entre a veciñanza e moita xente non quere falar a cámara por medo. Pero algo que se repite é que falta de vixilancia policial e axentes, en Ourense.